Comunicado do Concello de Silleda sobre os danos causados na balaustrada da praza da igrexa de Santa Olaia

 

Ante a expectación xerada, o Concello de Silleda decidiu emitir un comunicado para informar á veciñanza sobre os danos causados esta pasada madrugada do martes 28 de maio na balaustrada da praza da igrexa de Santa Olaia, derrubada a golpes.

Pregamos o máximo respecto para a persoa involucrada e lembramos que a zona foi inmediatamente precintada por seguridade e os operarios municipais están a retirar as pedras.

Este é o comunicado íntegro do Concello de Silleda:

A persoa que foi identificada causando os danos padece unha enfermidade mental, polo que se apela á prudencia, ao respecto e á protección de datos.

O departamento municipal de Benestar Social está a facer un seguimento desta persoa e xa informou da situación tanto á súa familia como a entidades sanitarias, sen que ata o momento se puidera propiciar un internamento. Tamén se lle notificou o caso á Fiscalía o pasado 14 de maio.

Nada máis ter coñecemento dos feitos, o Concello de Silleda precintou a zona por seguridade. Os operarios municipais están procedendo á retirada de todas as pedras danadas.

O Concello de Silleda presentará unha denuncia polos danos ocasionados, que afortunadamente só afectaron bens materiais.