Dende o Concello de Silleda, en relación ao servizo de Axuda no Fogar (SAF), que desenvolve segundo contrato a empresa Saluvi dende o pasado mes de setembro, e ante a aparición dun positivo de COVID-19 entre a plantilla informa:
PRIMEIRO. O Servizo de Axuda no Fogar viñase prestando con normalidade e coas medidas de prevención específicas ata a semana pasada. Todas as traballadoras dispoñen de material de protección para exercer o seu traballo (mascarillas FP2, quirúrxicas, batas, xel hidroalcólico e guantes).
SEGUNDO.O pasado mércores día 3 ás 22:00 horas, unha traballadora do servizo comunica á empresa concesionaria do servizo que un familiar seu deu positivo. Deuselle orde de permanecer no seu domicilio e contactar co seu médico de cabeceira para seguir as instruccións sanitarias. Seguindo o protocolo, os seus servizos foron cubertos para o día seguinte xoves. O propio xoves as autoridades sanitarias lle indican a esta traballadora que continúe o seu traballo ao non considerarse contacto estreito do seu familiar positivo (por non estar no rango das 48 horas anteriores).
Aínda así, a empresa pide á traballadora que quede na casa ata o luns día 8 por precaución, cubrindo os seus servizos con normalidade.
TERCEIRO. O venres día 5, a traballadora non tranquila cas recomendacións sanitarias realiza pola súa conta unha proba PCR que resulta ser positiva, contactando co Sergas para activar os protocolos de rastrexo de contactos. Nese mismo intre, dende a entidade concesionaria avísase a todas as persoas usuarias ás que prestaba servizo esta traballadora, -totalmente asintomática- e dan o seu consentimento para trasladar os datos ao Sergas.
CUARTO.- Os familiares das 4 persoas usuarias confirmaron que eran positivos, polo que se procede ao illamento das dúas traballadoras que cubriron o servizo nos días previos nestes domicilios.
QUINTO.- A día de hoxe, agás os citados 4 domicilios onde se rexistaron os contaxios–onde ademais as familias optaron por prescindir do servizo- o SAF estase a prestar con normalidade.
SEXTO. A diferencia do primeiro confinamento en marzo de 2020, o Concello de Silleda optou por manter o servizo como apoio ás persoas usuarias. Aínda así, alomenos tres persoas usuarias optaron por renunciar ao servizo de xeito temporal dende o aumento de casos no municipio, como medida de prevención, por vontade propia e por contar con apoio familiar.
SÉTIMO. O Concello de Silleda lamenta a situación e desexa unha pronta recuperación das persoas afectadas por esta enfermidade.