- A listaxe de persoas admitidas e excluidas está publicada xa no taboleiro de anuncios, así como a data do primeiro exercicio, que terá lugar o vindeiro 7 de outubro
Silleda, 15 de agosto de 2025. O Concello de Silleda continúa co proceso para a cubrir mediante oposición por quenda libre unha praza de funcionario/a como traballador/a social (subgrupo A2), logo de que o pasado 29 de xullo rematara o prazo de presentación de solicitudes.
Así, está xa publicada no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica (que tamén se pode consultar na web municipal) a listaxe definitiva de persoas admitidas/excluidas do proceso, así como a data do primeiro exercicio que terá lugar o vindeiro 7 de outubro ás 11:00 horas no salón de actos do Viveiro de Empresas, situado no parque empresarial Área 33.
Este proceso enmárcase na Oferta Pública de Emprego (OPE) correspondente á anualidade de 2024. A convocatoria abriuse o pasado mes de xullo ca publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra e posteriormente da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
