A Consellería do Medio Rural entregará o vindeiro xoves día 14 os documentos de resumo nos que se relacionan as parcelas que forman parte do proceso de reestructuración parcelaria da parroquia de Oleiros. A cita será no centro social desta parroquia. A entrega dos boletíns será de 11:30 a 14:00 e de 15:30 a 18:00 horas. Para recoller a documentación, hai que identificarse co DNI o cun documento equivalente. De forma previa a esta adxudicación, celebrarase unha charla informativa, no propio centro social, ás 10:30 horas.
Do mesmo xeito, os técnicos acudirán de novo nas vindeiras semanas a Oleiros para informar e aclarar dubidas. Estarán os días 20 de febrero (de 11 a 14 horas e de 15:30 a 18:00 horas), o 21 ( de 9:00 a 14:00 horas), o 26 (de 11 a 14 horas e de 15:30 a 18:00 horas), o día 27 también, no mesmo horario, e o día 28, só pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 horas.