Continúan as actividades do programa Silleda Activa, organizadas dende o Clube do Centro Social dos Maiores

Silleda, 5 de febreiro de 2013.

Logo da súa estrea en outubro do Logo da súa ano pasado, o programa Silleda Activa, organizado dende o Clube do Centro Social dos Maiores continuará  nos vindeiros meses  con novas actuacións que están a gañar cada vez máis adeptos.

Hoxe mesmo comezaron as sesións no Centro dos Maiores da Bandeira, onde se estrea o programa con grande éxito. Todos os martes, de xeito alterno, celebraranse obradoiros de alfabetización dixital e de memoria.

As sesións comezaron esta mañá co de alfabetización dixital, coa participación de 15 persoas que se familiarizan co uso e manexo dos teléfonos móbiles. Este obradoiro foi un dos que tivo maior éxito entre os usuarios do centro de Silleda, ao ensinar aos/as asistentes a sacar o maior rendemento posible dos teléfonos móbiles, sempre dun xeito sinxelo e asimilable para todos os participantes. O vindeiro martes comezará o obradoiro de memoria que se irá alternando co dos móbiles e no que xa hai anotados máis de 10 persoas.

Os interesados en participar nestas sesións, totalmente gratuitas e que se celebran en horario de 11.00 a 12.00 horas,  poden anotarse no propio centro.

 

Rosas para San Valentín

Mentres, en Silleda, ademais das clases de ximnasia terapéutica e do obradoiro interxeracional de pintura,  tamén voltan a partir do vindeiro día 13 as sesións de arte terapéutica.  Estes obradoiros nacen coa finalidade de ofrecer actividades diferentes e divertidas para os nosos maiores coa finalidade de promover o seu benestar físico, psicolóxico e social, traballando cos mesmos aspectos manipulativos á vez que creativos e imaxinativos e que reforcen o seu movemento tanto físico como mental.

As actividades levaranse no Centro Social dos Maiores de Silleda, todos os mércores en horario de 17:00 a 19:00 horas.

No desenvolvemento deste programa traballarase sempre dunha maneira activa, participativa, comunicativa, explicativa, interrogativa, colaborativa, variada, flexible…

Dita metodoloxía non será a tradicional, formalista, baseada na xerarquía educador – alumno, nin na clase maxistral, senón que se empregará unha metodoloxía totalmente dinámica, baseada nas propias experiencia dos nosos maiores, no descubrimento, na construción de coñecementos novos e na asimilación doutros xa existentes.

O programa de actividades comeza coa confección de rosas para San Valentín con medias de cores. As actividades que se desenvolveran serán sempre acordes con cada estación do ano, tratando de que sexan variadas e divertidas, formando despois os traballos realizados parte dunha exposición a principios do vindeiro mes de xuño.

Dende o Clube do Centro Social dos Maiores apóstase polo programa Silleda Activa como unha fórmula para ofrecer aos nosos maiores actividades alternativas e que contribúan a mellorar o seu desenvolvemento e fomentar a súa autoestima.

 

****O cadro de actividades do Obradoiro de Arte Terapéutica en Silleda é o que segue :

 

 

 

DIA

 

ACTIVIDADE

 

13 de Febreiro

 

Rosas para San Valentín con medias de cores

 

20 de Febreiro

 

Axenda ano 2003 e carteiras de goma eva

 

27 de Febreiro

 

“Un Peto de porquiño”

 

06 de marzo

 

Obradoiro de cociña “Bombóns de chocolate”

 

13 de Marzo

 

Cadro decorativo con plastilina

 

20 de Marzo

 

Boneca con papel hixiénico

 

3 de abril

 

Manualidades de Pascua

 

10 de Abril

 

Portavelas

 

17 de Abril

 

Marco decorativos para fotos

 

24 de Abril

 

Marca Páxinas Día do Libro

 

8 de Maio

 

Pisapapeis de “Xoaniña”

 

15 de Maio

 

Pedras Decoradas

 

22  de Maio

 

Obradoiro de “Cespinos”

 

29 de Maio

 

Lapiceiros con barro

 

5 de xuño

 

Arte Vitral

 

12 de Xuño

 

Obradoiro de Coiro

 

19 de xuño

 

Pousavasos e abanicos chinos

 

26 de Xuño

 

Taller de Marionetas con reciclaxe

 

3 de Xullo

 

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS REALIZADOS