Convenio de colaboración entre o Concello e Xonix Records

 

Silleda, 27 de marzo de 2015. O Concello de Silleda vén de apoiar con acordo de patrocinio ao selo discográfico local Xonix Récords.  Lolo Arincón, director de Xonix, o único selo discográfico de la comarca del Deza, asinou un convenio de patrocinio co alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, con motivo  do próximo lanzamento do novo traballo  do grupo de rock fusión de A Bandeira “TU MUJER NOS ENGAÑA”.

Esta banda adicou máis de dous anos a levar a bo porto un proxecto innovador, que ningún grupo musical en España ten realizado ata o momento.  

As gravacións deste macroproxecto leváronse a cabo nos estudios Xonix Records de Bazar, estudios Tiramillas de Ciudad Real, La Atlántida Estudios de Barcelona e en  estudios Sputnik de Sevilla, e os exteriores da parte audiovisual foron gravados en Vilanova da Cerveira (Portugal), Santiago de Compostela, Cerceda, Barcelona, Ciudad Real, Abades, A Bandeira e Lalín.

Lolo Arincón explica que “neste proxecto colaboraron máis de 20 músicos, actores, bailaríns, directores de video, deseñadores…   tanto galegos como do resto do territorio español, moitos deles de gran renome, que quixeron participar neste ambicioso proxecto que verá a luz o vindeiro mes de maio e que promete non deixar indiferente a ningúen”, engade.

Este novo traballo será distribuido a nivel nacional e internacional.

Dende o Concello de Silleda, Manuel Cuiña, destaca o traballo deste estudio de gravación e a súa aposta innovadora. Así, mediante este convenio apoiase ademais ao grupo local durante a súa xira de presentación que os levará por toda España e Portugal durante este ano 2015.

“Para nós é un orgullo que unha banda silledense sexa un proxecto ambicioso coma este”, engade o alcalde.