Silleda, 14 de xaneiro de 2014. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña vén de convocar a Mesa da Auga para o vindeiro xoves día 16 ás 20.00 horas. A reunión, a que foron convocados representantes dos tres grupos municipais así coma de colectivos veciñais, terá lugar . Este foro de debate foi creado na anterior lexislatura socialista de Paula Fernández, como órgano para consultar e tratar de solucionar cuestións coma o prezo da auga e outras relativas ao servizo.
Este órgano, que levaba varios anos ser ser convocado volve a reunirse para a abordar a problemática derivada da caducidade do contrato con Espina y Delfín para a xestión da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Silleda, contrato que expirou a mediados do pasado ano.
Tamén se debatirá sobre a necesaria incorporación ao servizo da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Bandeira.
“No servizo municipal de augas temos unha situación irregular, xa que a tarifa de abastecemento e a de depuración non están ligadas”, indica o alcalde, Manuel Cuíña, amosando a súa confianza en poder formalizar a situación do servizo “o antes posible”. Deste xeito confía en que na reunión do vindeiro xoves “xurdan propostas razoables para poder regularizar o servizo e buscar solución tanto ao contrato expirado como a necesidade de incluir tamén a xestión da EDAR da Bandeira, que se puxo en funcionamento o ano pasado”, engade.