Silleda, 6 de maio de 2013. Hoxe creouse no Concello de Silleda unha comisión formada por 6 traballadores/as municipais e presidida polo concelleiro de Participación Cidadá, Manuel Cuíña, co fin de analizar o proceso de elección dos Consellos Parroquiais, que foi suspendido de xeito temporal o pasado mes de marzo.
A comisión analizou os datos das eleccións, cunha escaso porcentaxe de participación, e quedou en volver a reunirse para tratar de buscar fórmulas que axuden a mellorar a participación dos veciños e veciñas nas eleccións destas figuras, recollidas no Regulamento de Participación Cidadá.