Silleda, 11 de maio de 2017. Os alumnos/as traballadores/as do Obradoiro de Emprego Semente de Pedra 2016 asistiron hoxe a una sesión formativa sobre creación de empresas, enmarcada dentro do módulo de orientación laboral.
Esta iniciativa, impartida por técnicos da Fundación Ronsel pretende achegar o modelo empresarial ós alumnos do obradoiro de emprego que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
No curso falouse das vantaxes e particularidades do autoemprego como modelo empresarial axeitado para traballar nos momentos .
Tamén se trataron cuestións como a idea empresarial, o emprendedor, o plan de empresa, financiación de proxectos, custes, axudas e recursos dispoñibles para o lanzamento de proxectos emprendedores, directorio de entidades de apoio para a creación de empresa, o perfil da persoa emprendedora, a idea empresarial, estudios de viabilidade e trámites para a posta en marcha.
Os alumnos/as do obradoiro de emprego Semente de Pedra, que rematará a finais deste mes, mostraron moito interese nesta acción formativa.