Desestimada a demanda por responsabilidade patrimonial de Construcciones Agustín Chaira contra o Concello

 

Silleda, 28 de marzo de 2013. O Xulgado do Contencioso Administrativo número 3 de Pontevedra desestimou o recurso presentado por Construcciones Agustín Chaira  S.A contra o Concello de Silleda. Na demanda por responsabilidade patrimonial contra o Concello, a empresa local solicitaba unha indemnización de 523.000 euros, pola  suspensión dunha licenza de obra concedida no ano 2007.

O proceso comezou en decembro de 2005, cando a empresa solicitou permiso para construir un edificio de 15 vivendas entre a rúa Progreso e a rúa San Isidro. Daquela o técnico municipal recollía no seu informe que o solar non cumplia as condicións establecidas no PXOM sobre o ángulo nos lindeiros da parcela. Pese a iso, a Xunta de Goberno Local autorizou a concesión da licenza o 27 de decembro de 2005.

O 29 de agosto de 2006 a empresa presentou un proxecto de delimitación e parcelación xeométrica, asinado polo técnico Rico Lenza e que afectaba a outras fincas lindantes. Dous días despois, o 31 de agosto de 2006 o técnico municipal emitiu informe favorable e o 7 de setembro dese mesmo ano, a Xunta Local de Goberno aprobou o proxecto, ao que presentaron recursos os propietarios da finca lindante, que foron desestimados polo goberno municipal de entón en decembro de 2006. No proxecto, tal e como recolle o fallo xudicial, non constaban certificacións de titularidade das parcelas e no informe do citado técnico recollense que nin sequera “hacen falta”.

Esa desestimación das reclamacións dos donos da finca colindante deu lugar a outro contencioso paralelo que se resolveu en setembro de 2009, cunha setenza que xa consideraba o acordo municipal contrario a dereito.

Modificado do proxecto: de 15 a 22 vivendas

O 13 marzo do ano 2007, dous meses antes das eleccións municipais, Construcciones Agustín Chaira presentou un proxecto de execución modificado do edificio que en lugar de 15 viendas pasaba a contemplar 22, con acceso dende as dúas rúas. Segundo consta na sentencia, un día antes o 12 de marzo de 2007 a Xunta de Goberno Local xa autorizara ese modicado e acordou conceder licenza de obra.

A familia propietaria da parcela lindante formulou de novo recurso contra a concesión da licenza. A raíz deste recurso de reposición seguiuse outro procedemento xudicial, que estimou parcialmente a demanda dos propietarios lindantes, e no fallo xudicial  de setembro de 2009  anulou a licenza de obra do edificio. En dito fallo, que se recolle tamén na sentenza do Xulgado Nº 3 de Pontevedra o xuiz xa califica como de “extrema gravedad” que a licenza de obra se concedera un día antes de presentarse oficialmente o proxecto no Concello.  O TSXG confirmaou a sentenza en marzo de 2011, obrigando ao Concello a retrotraer o procedemento, , iniciando os trámites da licenza de novo a fin de que se incorporaran as certificacións de titularidade das fincas afectadas.

O 23 de marzo de 2011, a empresa constructora formulou ante o Concello unha reclamación en concepto de responsabilidade patrimonial por danos e perxuizos ao entender que non podía rematar as obras, e solicitaban unha indemnización por importe de 523.780,35 euros.

Dende o Concello de Silleda mantivose que a responsabilidade foi da empresa promotora e do técnico que fixo o proxecto de delimitación e que o empresario pudo tramitar de novo o proxecto de reparcelación, corrixindo as cuestións relativas á superficie e titularidade dos lindeiros.

Na sentenza desestimatoria, a xuiza considera que a empresa non sufriu danos “reais” e cuantificables  económicamente e conclue que a propia empresa propiciou o acontecido ao presentar un proxecto sen certificacións de titularidade das fincas. “Debe cargar con los perjuicios de la anulación, primero, del acuerdo de aprobación del proyecto, y segundo, de la licencia, le ha acarreado, pues el riesgo lo generó la propia demandante al presentar ante la Administración municipal demandada un proyecto donde no aseguraba suficientemente las superficies de las parcelas”. Tamén advirte que a empresa demandante desistiu de continuar co proceso.

 

Dende o goberno municipal, a alcaldesa Paula Fernández, amosa a súa satisfacción porque a xustiza “lle deu a razón ao Concello nun procedemento, a todas luces, e tal e como desmostra este fallo xudicial, esperpéntico”, engade.

 

A rexedora destaca a “rapidez con que se concedían neste Concello cos gobernos anteriores licenzas a algús empresarios”, e cuestións “surrealistas como que se dera permiso de obra un día antes de que o proxecto entrara no Concello”.

 

Tamén sinala que, con este fallo xudicial, queda demostrado “que non se causou ningún perxuizo a este constructor, que aínda por riba pretendía facer máis vivendas, senon que se lle deu incluso a posibilidade de retomar o proceso de xeito correcto, aínda que curiosamente presentou a demanda contra o Concello en marzo de 2011 de novo en vísperas de outras eleccións municipais”, sinala a alcaldesa. Así mesmo, Paula Fernández tamén  destaca que o procedemento “foi viciado dende o principio pola irresponsabilidade da constructora, que prentou un proxecto mal feito, e polo goberno local de entón que actuou de xeito irresponsable, polo que non sería de recibo que agora todos os silledenses tiveramos que pagar tal indemnización”, engade