Despregue en Silleda de 4G e 5G e autorización para seguir extendendo a fibra óptica no territorio

As operadoras de telefonía móbil comezan a ofrecer en Silleda servizos de nova xeración nas bandas de  700 e 800 Mhz

A nova tecnoloxía permitirá a veciñanza de Silleda disfrutar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, ademais de mellorar a cobertura no interior de edificios

O Concello de Silleda vén de autorizar ademais 9 actuacións de entidades telefónicas para ampliar a fibra óptica a novas localizacións

 

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange veñen de anunciar que nos vindeiros días realizarán en Silleda o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 y 700 MHz, respectivamente, o que permitirá á veciñanza silledense disfrutar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios así como maior extensión xeográfica.

Este despliegue enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, de 11 de octubre, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 y 790 MHz (canales 49 al 60 de UHF), que ata entón se  se empregaban  para a recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT), proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital.