Silleda, 15 de maio de 2019. Os grupos municipais de Silleda celebraron hoxe mércores a Comisión Especial de Contas, na que se abordou como punto único o dictame da Conta Xeral de 2018.
Neste documento recóllense entre outros datos a diferencia entre gastos e ingresos do último exercicio, sendo o resultado de 1.207.653,79 euros .
“Tal e como se veu comprobando nos últimos anos, a situación económica do Concello segue mellorando considerablemente. Se a liquidación xa arroxaba un superávit máis que satisfactorio, agora a Conta Xeral mellora ese resultado, con máis de 1,2 millóns de euros”, sinala o alcalde e responsable municipal de Facenda, que advirte “que nunha antes na historia do Concello de Silleda se vira un resultado coma este”.
No informe recollese que o ingresos ordinarios “superan ampliamente os gastos ordinarios”. O dictame foi aprobado con tres votos a favor do grupo de goberno municipal socialista e dúas abstencións do PP.
Así, e segundo se recolle na Conta Xeral de 2018, os ingresos sitúanse en 6.706.273,11 euros, mentres que os gastos ordinarios foron de 5.498.419,32.
“A satisfacción deste goberno non pode ser máis grande. Un dos grandes esforzos que realizamos ao longo destes últimos anos foi a posta a punto da contabilidade, coa erradicación do lastre das débedas como gran obxectivo. E non só pagamos todo o que se debía, senon que ademáis conseguimos aforrar”, indica Cuiña.
O resultado da Conta Xeral é superior ao da liquidación de 2018 (cun resultado orzamentario de 1.065.988,21 euros) porque a contablidade financeira non computa as inversión realizadas como gastos.
Nese documento, do que se deu conta hai xa dous meses, recóllese que finalmente o orzamento executado foi de 8.679.437 euros “ unha cifra histórica para Silleda e case impensable hai 4 anos para este concello”. “Executouse un 99,48% do recadadao, o que demostra que se fixou unha boa labor política”, resaltou o alcalde.
O remanente de tesourería, magnitude que mide a solvencia económica da entidade tendo en conta distintos baremos (os fondos dispoñibles, os que se deben e os pendentes de cobro) volveu ser positivo tamén, con 413.969,91 euros, seguindo a mesma liña dos últimos anos e logo de deixar atrás as cifras negativas do ano 2013.
“Logo de anos escoitando a palabra déficit, o Concello de Silleda volve arroxar superávit”, indica Cuiña, que remarca que a vindeira lexislatura será “a de débeda 0 para o Concello de Silleda, “algo posible grazas a xestión dun gobernó que nos dous últimos mandatos lle deu a volta a situación económica do Concello.