Esta fin de semana, o teatro será o gran protagonista con dúas propostas imperdibles para públicos de todas as idades. O sábado 22 e o domingo 23 de marzo, o público poderá gozar de espectáculos que combinan humor, emoción e reflexión.
📅 Sábado 22 de marzo – «A máquina do tempo» (Teatro Ghazafelhos)
📍 Centro Cultural Vistalegre
🕰️ 19:00h
O Teatro Ghazafelhos presenta «A máquina do tempo», un espectáculo participativo que invita aos máis pequenos e pequenas a facer un apaixonante percorrido pola historia das civilizacións. Coa axuda dunha sorprendente escenografía, a doutora Mon (Montse Piñón) e o seu axudante Pe (Pepablo Patinho) levarán ao público infantil a unha viaxe inesquecible a través do tempo.
📅 Domingo 23 de marzo – «Cortello de Amor» (Amorodio Teatro)
📍 Auditorio Manuel Dopazo
🕰️ 19:00h
A compañía Amorodio Teatro chega con «Cortello de Amor», unha comedia que reflicte con humor e realismo os desafíos das relacións de parella. A historia de Jack e Rose, unha parella de trintañeiros que decide alugar o seu apartamento a turistas mentres gozan do seu faiado, amósanos como os plans poden torcerse cando os ingresos baixan e as tensións aumentan. Unha obra que fará rir e reflexionar ao público.
🎭 Dous espectáculos diferentes pero igualmente atractivos, que forman parte da programación cultural da tempada e buscan achegar ao público representacións teatrais de calidade.
🎟️ Entrada libre ata completar aforo. Non perdas a oportunidade de gozar destas fantásticas propostas teatrais!
📢 Máis información nos centros culturais e nas redes sociais