Silleda, 11 de agosto 2015. As obras de instalación da caldeira de biomasa que dará servizo ás dependencias municipais da Casa da Cultura comezaron hai varios días. Esta instalación ubicarase nun local anexo ao edificio principal, na parte traseira da planta baixa.
Con esta dotación melloraránse as condicións destas instalación municipais, ademais de lograr un maior aforro no consumo enerxético.
Esta actuación realízase con cargo á iniciativa de Proxectos Dinamizadores de áreas rurais de Galicia, para equipamentos técnicos de biomasa 2015, cunha inversión de 23.600 euros (sin IVE). A través deste proxecto o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) achega 16.650 euros e o resto da inversión finánciase con fondos municipais.
A día de hoxe continúa tamén en proceso de licitación a instalación dun ascensor na Casa da Cultura de Silleda, co que se dará por fin solución aos problemas de accesibilidade deste edificio. Está previsto que esta obra se adxudique nas vindeiras semanas. A inversión neste caso ronda os 70.000 euros e o elevador estará situado na fachada posterior do inmoble.
Dende o goberno municipal de Silleda advírtese que con estas dúas actuacións melloraran se estas dependencias municipais, tanto dende o punto de vista do acondicionamento como no relativo aos accesos.