En marcha as obras de ampliación do acceso á igrexa e centro social de Refoxos

Silleda, 25 de febreiro de 2019.  O Concello de Silleda vén de iniciar os traballos de mellora no entorno da igrexa parroquial de Refoxos, para solventar as deficiencias existentes, cunha actuación moi demandada polos veciños.

Os traballos, no lugar de Lázara onde tamén se atopa o campo da festa e o centro social da localidade, realízanse logo de que o Concello de Silleda conseguirá asinar un convenio co Obispado de Lugo, propietario de parte dos terreos, e tamén o acordo dos propietarios que cederon tamén parte das parcelas afectadas para poder acometer a obra.

Os traballos foron adxudicados á empresa Rafer S.L. na última sesión da xunta de goberno local celebrada o pasado día 12, por un importe de 45.878,81 euros.

O viario  ampliarase nun tramo duns 300 metros, nun camiño estreito e moi deficitario no que só se pode circular nun único sentido. Ademais de ampliar esta pista, contemplase a creación dunha zona de estacionamento de uso público nas inmediacións do lugar do Lázara.

“Trátase dunha actuación que veñen demandando os veciños e veciñas de Refoxos nos últimos anos, e unha vez obtida a conformidade dos

 

 

propietarios destes terreos e tamén do Obispado, podemos xa  levala a cabo, dado que esta zona conta cuns accesos moi deficientes”, indica o alcalde, destacando que a mellora suporá dotar a Refoxos con este servizo.

Cuiña, que hoxe se achegou ata o lugar acompañado polo edil de Medio Rural, Jesús Taboada, e o de Obras e Servizos, Klaus Brey, agradece aos veciños de Refoxos e ao Obispado de Lugo a súa boa disposición para que a mellora se poida materializar.

Os traballos comezaron co movemento de terras e a dotación dun muro de contención para salvar o desnivel existente e nos vindeiros días continuarán coa ampliación da pista e a dotación do aparcamento.