Silleda, 18 de marzo de 2019. O Concello de Silleda vén de iniciar as obras da reforma integral da estrada Piñeiro-Cira, unha via intercomarcal na que se investirán 300.000 euros.
A empresa adxudicataria dos traballos, Construcciones Rafer S.L., iniciou xa as obras, moi agardadas e demandadas polos veciños da zona. “A mellora deste vial é unha das demandas case históricas do municipio silledenses, polas características do trazado e para a necesaria mellora da seguridade”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.
Os traballos consistirán na reforma integral do viario. Ademais dunha nova capa de rodadura tamén se procederá a sinalización horizontal do tramo (pintando a calzada), e á colocación de bandas laterais nas curvas con maior desnivel. Con estas medidas, ademais de renovar o firme buscase reforzar a seguridade viaria.
O proxecto tamén inclue a construcción dun muro de contención nun dos tramos da estrada, unha dotación que obrigará a desviar o tráfico durante a súa execución pola complexidade dos traballos, dos que se informará previamente aos usuarios.
“En vista de que os proxectos previstos eran difíciles de acometer, dende o Concello decidimos incluir este vial no programa do Plan Concellos 2019 para dar solución á demanda con esta reforma integral”, explica o rexedor.
Ademais de comunicar a parroquia de Cira co resto do municipio de Silleda, este vial une ao territorio silledense cos concellos veciños de Boqueixón e Vila de Cruces, así como a estrada que vai dende Balboa a Ponteledesma e a que discorre pola parroquia de Piñeiro.
Petición de cesión
Manuel Cuiña advirte do elevado tránsito que soporta esta carretera, que “pese a ser de titularidade municipal ten todas as condicións e características para ser un viario supramunicipal”, cuestión que xa vén reclamando o Concello de Silleda “e que seguiremos reiterando dende o goberno municipal ao igual que temos feito con outros tramos en distintos puntos do municipio.