Silleda, 3 de novembro de 2016. As obras de mellora e acondicionamento no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira están xa en marcha. O Concello licitou a finais de setembro os traballos, cun orzamento de 28.986 euros, cofinanciado pola entidade local e a Consellería de Cultura.
Os traballos foron adxudicados á empresa Obras e Proxectos Naera S.L.U e prolongaránse durante varias semanas.
Con esta dotación remataránse os traballos da ampliación deste Centro Cultural que desenvolve unha grande actividade na vila. O proxecto busca acondicionar a segunda planta do edificio anexo ao volumen antigo que se levantou no ano 2013. Alí ubicaránse distintas dependencias deste novo equipamento.
“Co acondicionamento desta última planta do edificio concluirá o proceso de ampliación iniciado hai tres anos para dotar ao Centro Cultural Vista Alegre das instalacións que merece esta entidade dado o volumen de actividades culturais que se celebran”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
As obras consistirán no acondicionamento interior desta última planta onde se ubicarán os novos locais e na creación dunha zona de entrada dende a pranta baixa do antigo edificio (quitando a zona dos vellos aseos). Con este nova entrada uniránse tamén o edificio principal e o anexo, onde se ubica a biblioteca, sala de exposicións e outros locais.