Silleda, 6 de maio de 2015. A Xunta de Goberno Local acordou axudicar á empresa Endenor, por un importe de 24.539,04 euros o equipamento para a instalación de seis áreas biosaudables e parladoiros no rural silledense. A empresa presentou a mellora das ofertas solicitadas para esta instalación.
Este proxecto iniciouse o pasado ano para a dotación nun total de 16 parroquias, con financiación a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, mediante fondos Leader. Logo de unha primeira fase, coa instalación de 10 áreas, nas vindeiras semanas iniciarase a segunda fase da montaxe de parladoiros e elementos biosaudables noustras 6 localidades.
Así, nesta segunda fase o realizaranse en Escuadro, Graba, Negreiros, Parada, Saídres e Siador. Cada unha das áreas, ademais de aparellos para facer exercicio inclúe dous asentos e un banco.
“Esta actuación mellora as dotacións para os veciños e veciñas do rural, que a través destas áreas teñen un novo espazo para a realización de exercicio ou para interrelacionarse”, explica Cuiña.
A inversión total do proxecto é de 51.451,51 euros. No ano 2014 realizouse unha inversión de 38.000 euros, dos que a Agader financiou 15.000 euros. A cantidade restante executarase agora con estas novas dotacións.
“A través deste proxecto buscamos mellorar a calidade de vida nos nosos veciños e veciñas do rural con notas dotacións para a interrelacion social e a realización de exercicio”, explica Cuiña.