A alcaldesa, Paula Fernández, o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Couso, e Ángela García, da empresa L impezas Secope S.A, entregaron hoxe os premios do I Certame Reciclaula nos 4 centros participantes.
A empresa que aportou un total de 3.000 euros en premios, tamén levou un pequeño agasallo para todos os alumnos e alumnas de cada centro (mini contenedor). Os cartos dos premios destinaranse ás excursións de fin de curso.
O CEIP da Bandeira foi o gañador do certame cun total de 4.620 kilos, entre plásticos lixeiros e papel cartón (42 kilos por alumno/a). O centro levará un premio de 1.000 euros para a excursión de fin de curso, ademais da creación dunha horta solidaria de cara ao vindeiro curso para a que Secope aportará material e sementes por valor doutros 1.000 euros.
O 50% como mínimo da colleita desta hora irá destinada ao Banco de Alimentos do programa municipal Silleda Solidaria.
O segundo premio, con 500 euros, é para o CEIP de Silleda, cun total de 10.120 kilos: 29,8 kilos por alumno . En terceiro lugar quedou o Colexio María Inmaculada, con 300 euros, onde se recolleron 4.630 kilogramos, é dicir unha media de 19,05 kilos/alumno . O cuarto premio, dotado con 200 euros, é para o IES Pintor Colmeiro, que logrou , 2,7 kilos por alumno-a (1.130 kilos en total).
Dende o Concello de Silleda, agradécese a aportación e colaboración da empresa Secope, así como a implicación da comunidade escolar con esta iniciativa novidosa.