O venres 31 de maio foron entregados os premios do II Concurso de Microcurtas e Microrrelatos, un acto no que participaron a concelleira de Cultura, Margarita Campos, e a alcaldesa, Paula Fernández Pena.
En microrrelatos, o premio na categoría 6-12 foi para Gala Sánchez e no de máis de 12 para Ana Colmeiro (recibiron un e-book)
En microcurtas, os premios foron para Nuno Pérez e Juan Luis Fontao, que recibiu un accesit.
Os traballos están colgados na web municipal, (Concellería de Cultura, dentro de Normalización Lingüística). O IES Pintor Colmeiro ao que pertencen os 4 alumnos/as recibirá tamén libros por valor de 150 euros.
Margarita Campos agradeceu a participación nos certames, con moita calidade nos traballos, que tiveron como lema as tradicións galegas. En micorrelatos a participación foi moi elevada, con 40 traballos, e en microcurtas, a gran calidade dos traballos fixo que se creara un segundo premio. Tamén agradeceu aos membros do xurado a súa colabroación.