Silleda, 5 de maio de 2017. Hoxe tivo lugar a entrega de premios da segunda edición do Concurso de Cómic da Biblioteca de Silleda, con 38 traballos presentados en total que están xa expostos neste centro municipal. O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Educación, Pilar Peón entregaron os premios aos alumnos e alumnas galardoados. Este certame conta tamén co apoio da Deputación de Pontevedra.
O xurado estivo formado pola pintora silledense Marisa Miguélez, quen destacou a difícil elección pola alta calidade dos traballos, o que obligou a manter varias reunións. Xunto a ela estiveron no xurado o artista e traballador municipal Francisco Alén Pena e a bibliotecaria Teresa González Barrio.
Na categoría de Educación Primaria o mellor cómic foi o titulado “Superior a ti” feito por Marua Chaitany Alamancos, Lara Losada Casas e Iris Pérez Rodríguez, alumnas de 6º curso do CEIP de Silleda, que levarán 150 euros e unha Tablet cada unha.
O premio ao mellor guión (dotado con 75 euros para cada un dos autores e un lote de material escolar) é para o cómico titulado “A muller do alcalde de Silleda, feito tamén por dúas alumnas do CEIP de Silleda, Lucía García Touceda e Uxúa Alcobre Rozados. O galardón á mellor ilustración, tamén con 75 euros para cada un e un lote de cómics, recaeu na aula de 5º curso do CEIP Ramón de Valenzuela, que presentou o traballo “A historia do poliño”, feita por Anxel Torreiro Lodeiro, Pablo Molinos Villaverde e Lois Espiño Cuíña.
Xa na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) o alumnado do IES Pintor Colmeiro fíxose cos tres premios deste apartado. Así, o mellor cómic foi o presentado baixo o lema “A desigualdade no século XXI”, feito por Laura Castro e Lucía Mariño, alumnas de 4º da ESO que levan 150 euros cada un e unha tablet. O premio ao mellor guión recaeu en no traballo “Solidariedade e Igualdade”, feito polas alumnas de 1º da ESO Marien Khallouk, Cristina González e Paula Montoto, que recibiron 75 euros e un lote de material escolar. O galardón á mellor ilustración foi tamén para Soraya Fraga Pampín, alumna de 4º da ESO do IES Colmeiro, con “Qué desastre de mundo dotado con 75 euros e un lote de cómics.
Os premios en metálico destinaránse ás excursións de fin de curso ou outras actividades do centro.
Dende a Concellería de Educación, que convoca por segundo ano consecutivo este certame, a concelleira Pilar Peón destaca “o nivel dos traballos e a alta participación dos alumnos e alumnas que siguen sorprendéndonos coa súa creatividade, neste caso no ámbito da banda deseñada”, indica.
Tamén se agradece a colaboración de artistas como Marisa Miguélez .