As novas solicitudes para participar na tempada 2024-2025 poderanse presentar ata o 22 de xullo
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) convoca 886.269 prazas para participar no Programa de Turismo, na tempada 2024-2025, cunha previsión de que as quendas de vacacións comecen no próximo mes de outubro.
O prazo de presentación das novas solicitudes vai do día 1 ao día 22 de xullo, exclusivamente para aquelas persoas que non estean incluídas no Programa de Turismo do Imserso. Poderanse realizar pola sede electrónica do IMSERSO ou de xeito presencial no departamento de Benestar Social do Concello de Silleda.
As persoas xa acreditadas na base de datos do IMSERSO para a súa participación no Programa de Turismo recibirán nos seus domicilios as cartas de renovación, incluíndo os impresos de modificación de datos que deberán enviar só no caso de que existan variacións para participar na próxima tempada 2024-2025.
Para máis información preme neste enlace ou chama ao teléfono 986 592 037.