-Os contratos terán unha duración de dez meses, logo das seleccións feitas a través do Servizo Galego de Colocación, e do goberno, por medio de un concurso de méritos e de entrevistas
-Trátase dunha primeira fase do programa, que incluirá proximamente a selección de 6 persoas máis
Silleda, 29 de febreiro 2016. A concelleira de emprego, Ana Luisa González Costa, así como persoal encargado do equipo de traballo municipal deron hoxe a benvida no salón de plenos aos 6 novos traballadores e traballadoras contratados/as a través do 1º Programa de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos concedido pola Deputación de Pontevedra para o exercicio 2016 durante un período de dez meses. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan de limpeza e a outro de acondicionamento de zonas verdes.
O novo equipo comezará a traballar mañá martes día 1, e estará formado por 4 peóns de limpeza viaria, (varredores/as), e 2 peóns de xardinería, traballos de interese xeral e social, indispensables para o bo funcionamento da comunidade de veciños.
A selección, ao igual que en anteriores convocatorias foi realizada nun primeiro momento, a través do Servizo Galego de Colocación (Oficina de Emprego), e despois a través dun concurso de méritos e unhas entrevistas realizadas no concello. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais.
Dentro do mesmo programa, co mesmo fin, e mediante o mesmo tipo de selección, se sumarán proximamente outro equipo de 6 persoas, que serán contratadas por un período de cinco meses, que virán a cubrir vacacións do persoal, ou a reforzar os traballos.