Silleda, 25 de maio de 2017. O certame Tardes de Primavera na Vía da Prata volta a Silleda da man da Coral Polifónica Tradeza, que vén organizando este recital dende hai xa 28 anos. O concerto terá lugar este sábado día 27 ás 20:30 horas no Salón Parroquial de Santa Eulalia. Nesta edición, ademais da coral anfitriona, dirixida por Manuel Molinos Rivas, participarán como formacións convidadas a Coral Santa Mariña de Cambados, que dirixe María del Carmen Olveira Gonzáles, e a Coral Liceo de Noia, baixo a batuta de Domigo Barreiros Lago.
Tardes de Primavera é xa unha das clásicas citas da axenda cultural de Silleda. A coral agradece especialmente á parroquia de Silleda a cesión do auditorio para este certamen.