Silleda, 15 de xaneiro de 2013. A Casa da Cultura de Silleda volve acoller outra mostra dun artista local. Trátase de Xosé Luis Alonso Abeledo, autor natural de Meixomence, na parroquia de Ponte, que dende hai case 40 anos se vén adicando á arte por afección.
Este autor xa realizou varias mostras, sempre a nivel local, amosando as súas obras en espazos coma a Fundación Semana Verde o una Casa da Cultura, a onde volta cun total de 8 óleos e 8 tallas en madeira. A inauguración da exposición das obras de Alonso Abeledo terá lugar pasado mañá xoves día 17 ás 21.00 horas. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro día 31.
De formación autodidacta, tamén ten traballos de escultura en pedra, mármore, talla en madeira e pinturas en óleo e acuarela.
O concelleiro de Cultura, Matías R. Da Torre, sinala que con esta mostra séguese a apostar pola promoción e divulgación das obras de artistas silledenses.