Silleda, 13 de abril de 2017. A segunda edición do Concurso de Cómic da Biblioteca de Silleda xa ten novos gañadores. O xurado, formado por dous artistas locais e persoal da biblioteca municipal elixiu os seis traballos gañadores dun total de 38 propostas en total.
Na categoría de Educación Primaria o mellor cómic foi o titulado “Superior a ti” feito por alumnos de 6º curso do CEIP de Silleda, que levarán 150 euros e unha Tablet cada un. O premio ao mellor guión (dotado con 75 euros para cada un dos autores e un lote de material escolar) é para o cómico titulado “A muller do alcalde de Silleda, feito tamén por alumnos/as do CEP de Silleda. O galardón á mellor ilustración, tamén con 75 euros para cada un e un lote de cómics, recaeu na aula de 5º curso do CEIP Ramón de Valenzuela, que presentou o traballo “A historia do poliño”.
Xa na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) o alumnado do IES Pintor Colmeiro fíxose cos tres premios deste apartado. Así, o mellor cómic foi o presentado baixo o lema “A desigualdade no século XXI”, feito polo alumnado de 4º da ESO do IES, que levarán 150 euros cada un e unha Tablet. O premio ao mellor guión recae una aula de 1º da ESO por “Solidariedade e Igualdade”, traballo polo que os autores recibirán 75 euros e un lote de material escolar. O galardón á mellor ilustración foi tamén para alumnos/as de 4º da ESO do IES Colmeiro, con “Qué desastre de mundo”, polo que percibirán tamén 75 euros e un lote de cómics.
Os premios en metálico destinaránse ás excursións de fin de curso ou outras actividades do centro.
Dende a Concellería de Educación, que convoca por segundo ano consecutivo este certame, a concelleira Pilar Peón destaca “o nivel dos traballos e a alta participación dos alumnos e alumnas que siguen sorprendéndonos coa súa creatividade, neste caso no ámbito da banda deseñada”, indica.
Os galardóns entregaránse nos vindeiros días.