-Os galardóns suman 2.075 euros para gastar no comercio e hostalería do municipio. A veciñanza do Barrio das Baratas, e un veciño de Cortegada, alzanse cos primeiros premios nas dúas categorías (colectiva e individual)
Silleda, 2 de xaneiro de 2021. A primeira edición do certame de decoración navideña #SilledaFaiNadal xa ten as creación gañadoras. O xurado reuniuse nas últimas horas para a posta en común e valoración das propostas deste certame.
Na categoría colectiva o primeiro premio é para a veciñanza do Barrio das Baratas de Silleda (700 euros); o segundo (500 euros) para o grupo de veciñas da rúa Emilio Alonso Paz, e o terceiro para a comunidade de veciños do Edificio Anduriña da Bandeira (300 euros).
Na individual, a proposta gañadora foi a de Carlos e Ramón Mariño, veciños de Camporrapado na parroquia de Cortegada, cun galardón de 300 euros. O segundo para o balcón de Carla Pérez, na rúa Venezuela, (175 euros) e o terceiro para Nerea Costa Alonso, que adornou o exterior da súa casa en Laro (100 euros).
Todos os premios consisten en vales para gastar no comercio e na hostalería do municipio. A reactivación económica era un dos obxectivos deste certame –convocado dende as Concellerías de Cultura e Comercio- xunto coa promoción da creatividade e o fomento da participación veciñal.
Dende o Concello de Silleda agradecese a participación e implicación de todos os participantes (máis de 20 traballos) así como de todas as persoas que este ano decoraron, aínda sen entrar no concurso, as súas vivendas creando un ambiente de Nadal nun ano distinto e complicado.
No xurado participaron membros dos colectivos ECOS, Asociación Cultural Vista Alegre e Asociación Sociocultural Coto do Castelo de Graba, aos que dende o Concello se lles agradece a participación.
Os premios entregaranse a principios da vindeira semana na casa consistorial.