FALLADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL DA CONCELLERÍA DE COMERCIO

Silleda, 19 de decembro de  2018.  O Concurso de Escaparates Nadal en Galego convocado pola Concellería de Comercio e Industria de Silleda, que dirixe Benito Saavedra, xa ten novos gañadores. O xurado, formado polo alumnado e mestres do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do IES Pintor Colmeiro de Silleda  mantivo o pasado martes pola noite unha xuntanza para decidir os gañadores.

Óptica Silva, un dos establecementos máis premiados dos últimos anos, alzouse un ano máis co primeiro premio dotado con 200 euros que aporta o Concello de Silleda. O segundo, ao máis orixinal e innovador –con 150 € premio patrocinado polo hotel Vía Argentum- é para Floristeria Carmiña, outro dos habituais no pódium silledense dos escaparates navideños. O terceiro premio ao escaparate máis orixinal con exposición de produto é para Carmiña Moda (100 euros que aporta Estación de Servizo de Silleda), tamén habitual na nómina de establecementos premiados.

Como novidade, nesta edición o xurado decidiu outorgar –a marxe dos tres primeiros e indiscutibles premios- outras tres mencións especiais, á vista da calidade dalgunhas das propostas para establecementos de diferente tipoloxía e con distintas dimensións de espazo dedicado á exposición.

Así, este recoñecemento é para o estudio fotográfico Vacaloura, pola súa innovación cun escaparate feito con material de refugallo; a tenda de moda infantil Chocolatte, por destacar como mellor ambiente temático e para Mendemar, un establecemento que leva máis de medio século en Silleda como referente no sector textil, destacando neste caso o xurado a elegancia e composición do conxunto decorativo con 6 grandes espazos totalmente decorados en función das idades e destinatarios dos produtos.

O concelleiro Benito Saavedra visitou hoxe os seis establecementos para entregar os diplomas acreditativos destes galardóns, que se entregarán o vindeiro día 3 de xaneiro ás 12:00 horas na Sala de Xuntas do Concello de Silleda.

O xurado estivo presisido por Benito Saavedra, e integrado por 12 alumnos e 5 profesoras do citado ciclo formativo. Participaron un total de 72 comercios de todo o municipio, quedando 33 na selección final.

O concelleiro destaca e agradece  a importante participación dos establecementos  e  comercios que  ano tras ano decoran os seus escaparates. “Nesta edición o nivel e moi alto con traballos de decoración de grande calidade”, explica Saavedra que tamén subliña o compromiso de determinados Comercios que están mudando  o seus escaparates continuamente durante o ano  dependendo das temporadas, entre os que se atopa o establecemento gañador do 1º Premio..

A inventiva e imaxinación dos comerciantes segue a ser unha tónica dominante cada ano neste certamen, que leva case dúas décadas premiando o esforzo do sector.

A  Concellería de Comercio  do Concello de Silleda  quere facer un agradecemento público  ao  Xurado Calificador   integrado, unha vez maís,   por alumnos e profesores  do Ciclo Superior de Comercio e Marketing do IES Pintor Colmeiro,  que puxeron todo o seu saber e crítica rigurosa   na análixe  dos escaparates e tamén ás empresas colaboradoras, que xa son o aval da celebración deste concurso: o Hotel Spa Vía Argentum e a Estación de Servicio Silleda.

é para o estudio fotográfico Vacaloura, pola súa innovación cun escaparate feito con material de refugallo; a tenda de moda infantil Chocolatte, por destacar como mellor ambiente temático e para Mendemar, un establecemento que leva máis de medio século en Silleda como referente no sector textil, destacando neste caso o xurado a elegancia e composición do conxunto decorativo con 6 grandes espazos totalmente decorados en función das idades e destinatarios dos produtos.