Silleda, 7 de maio de 2019. O Concurso de Cómic da Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda xa ten novos gañadores/as. Así, nesta edición, baixo o lema “Imaxina a túa vila”, na categoría de Educación Primaria o premio ao mellor cómic recau no traballo A vila do futuro, realizado por Laura Vidal Pol e Noemí Mato Ferradás, alumnas de 6º do CEIP de Silleda. As dúas recibirán cadanseu smartwhatch e o centro un premio en metálico de 150 euros. O segundo premio, ao mellor guión, é tamén para o CEIP de Silleda (que recibe 75€), polo traballo de Andrés Estévez Tallón e Pablo Troitiño Pose, co título A nosa vida na vila. Ambos recibirán un lote de material escolar. O terceiro premio, á mellor ilustración tamén recae no mesmo centro (con 75€) por “O noso pobo” o comic realizado por Nicolás Nogueira Gonçalves e Kiliam Ramírez Pacheco tamén de sexto curso ao igual que os anteriores. Os dous recibirán un lote de cómics.
Na categoría de ESO, só se outorgou un primeiro premio ao mellor cómic(os outros dous quedaron desertos) para o Colexio Plurilingüe Mª Inmaculada, que recibe 150€, polo traballo Vista Silleda, realizado pola alumna Antía García Lestón (1º ESO ) que recibirá tamén un smartwhatch.
A entrega de premios, na que participarán o alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Educación, Pili Peón, terá lugar este venres día 10 ás 12:00 horas na biblioteca.
O xurado estivo composto polo artista silledense, Francisco Alén Pena, a bibliotecaria, Teresa González Barrio e a ilustradora e deseñadora Vanessa Barcala Morais. Os traballos quedarán expostos na biblioteca