Silleda, 24 de febreiro de 2016. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña entregou os diplomas de asistencia aos participantes no curso de poda e enxerto que, despois de tres meses, rematou onte con grande éxito en Silleda. O ciclo, un dos moitos ofertados dentro do programa Silleda Form@ción da Concellería de Cultura foi unha das novidades do cartel deste ano, acadando un grande interese. Cuiña felicitou aos asistentes ao ciclo, impartido polo silledense Rosendo Estévez, e recolleu tamén as suxerencias con novas temáticas para novos cursos do programa.