Silleda, 21 de outubro de 2014. Operarios da Demarcación de Estadas do Estado, do Ministerio de Fomento, comezaron hoxe os traballos para colocar a sinalización solicitada dende o Concello de Silleda de cara a mellorar a seguridade na N-525, á entrada da vila dende Santiago.
En concreto os operarios iniciaron os traballos para colocar a sinalización luminosa coa que se busca alertar aos conductores da perigosidade do tramo, á altura do paso de peóns, no punto kilométrico 303,80 desta estrada nacional, onde xa se produciron atropelos graves.
Así mesmo, tamén se procederá a pintar un cebreado en zig-zag para prohibir o estacionamento nos 10 metros anteriores ao paso de peóns. Nesta zona Fomento xa procedeu hai meses, ao igual que noutros pasos do casco urbano situados na N-525 a pintar a correspondente liña amárela. Con esta sinalización horizontal búscase reforzar esta medida.
“Por fin, logo de varias peticións formuladas dende o Concello, o Ministerio de Fomento toma medidas expresas ante a perigosidade deste punto do vial, onde por desgracia xa se produciron atropelos mortais”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña, agradecendo ao Ministerio o inicio das obras.
O Concello de Silleda remitiu en varias ocasións ao Ministerio de Fomento, titular da estrada nacional 525, solicitudes para mellorar a seguridade viaria neste punto kilométrico situado á entrada da vila de Silleda en dirección Ourense, e tamén houbo peticións por parte de colectivos veciñais.
“Propuxemos a Fomento distintas medidas para reforzar a seguridade neste punto, onde por desgracia se teñen producido accidentes, con varias colisións por alcance, e sobre todo atropelos, algún con resultado de morte”, lembra o rexedor, Manuel Cuíña.
A instalación de sinais luminosas foi unha das medidas propostas, xunto coa colocación de bandas rugosas, baseadas nun informe do inspector da Policía Local de Silleda, no que se advirte da perigosidade deste paso para os peóns, situado nun tramo con velocidade limitada a 50 kilómetros por hora, pero nunha zona con cambio de rasante, o que dificulta a visibilidade. Esta petición formulouse o pasado mes de marzo.
Tamén se propoñía o ensanchamento das beirarrúas na desembocadura do paso para peóns. Dende a Unidade Estradas de Pontevedra, considerouse inicialmente que o tramo está “ben sinalizado e limitado a 50 kilómetros hora”. Tamén se desbotara a posibilidade de ensanchar as beirarrúas aducindo que esta medida “afectaría negativamente á circulación”.
Último escrito en setembro
Logo do último atropelo que se produxo a principios de setembro, o Concello remitiu un novo escrito, reiterando a necesidade de adoptar medidas, e incidindo na sinal luminosa o una colocación de bandas rugosas. “Agardamos que estas medidas sirvan para alertar aos condutores e reducir a siniestralidade neste punto da estrada”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.