Silleda, 2 de maio de 2015. A Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Galega de Técnicas e Investimentos o proxecto de eficiencia enerxética no alumeado da rúa Trasdeza, por un importe de 48.759,95 euros. Esta empresa foi a que presentou a mellor das ofertas solicitadas para renovar e mellorar o alumbrado no primeiro tramo da principal travesía de Silleda.
“Esta actuación permitirá mellorar a calidade da iluminación e reforzar aomesmo tempo a seguridade viaria na rúa Tradeza”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.
O tramo de entrada á viladende Santiago (dende o restaurante A Culler ata a altura do consistorio) conta a día de hoxe con 17 puntos de luz. Con este proxectoinstalaránse 2 máis, pasando a contar con 19 farolas de maior altura e con luminarias LED “unhatecnoloxía que aporta máis luz e á vez permite un maior aforro”, engadeCuiña.
Esta actuación financiase con fondos municipais e coa cantidade que lle corresponde ao Concello de Silleda do Fondo de Compensación Ambiental, pola instalación de parques eólicos.
Agárdase que nos vindeiros días a firma adxudicatariapoida iniciar xa os traballos “que suporánunha grandísima melloraneste tramo, onde a día de hoxe é preciso mellorar as condicións de iluminación”, engade o alcalde.
Este proxecto súmase á renovación de luminarias, tamén instalando outras de tecnoloxía LED nos 4 tramos principaisadxacentes á rúa Tradeza: rúa Progreso, avenida do Parque, rúa Venezuela e rúa María Colmeiro. Neste caso as actuais bases das farolas ampliaranse con dispostivo para ampliar a altura das farolas un metro e colocaranse luminarias LED. A inversión neste caso é de 120.000 euros.