GUIA PARA SOLICITAR O APRAZAMENTO DO PAGO DE IMPOSTOS NA AXENCIA TRIBUTARIA

A Axencia Tributaria vén de publicar unha guía para solicitar o aprazamento ou fraccionamento de impostos e débedas por parte de entidades e traballadores autónomos. O decreto Lei permite retrasar o pago de ata 30.000 euros en concepto de débedas tributarias que estén en periodo de pago dende o 13 de marzo ata o vindeiro 30 de maio. Poderán polo tanto aprazarse algúnhas obrigas como as retencións do IRPF, cuotas repercutidas de IVE e o pago fraccionado do imposto sobre sociedades, entre outros.