Silleda, 9 de marzo de 2015. O Concello de Silleda continúa mellorando os accesos nas parroquias do rural. Así, acaban de iniciarse os traballos de mellora no vial que da acesso ao lugar de Cumbraos, na parroquia de Escuadro.
Os traballos comezaron coa limpeza das cunetas e as marxes do viario. O tramo, dende o enlace coa N-640 ata Cumbraos, será dotado despois de triple riego asfáltico, ademais de realizarse outras melloras.
“É un vial que está moi deteriorado tanto polas condicións meterolóxicas adversas como polo paso de vehículos pesados”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, que se achegou ata a localidade.
O arranxo da pista de Cumbraos previsto polo goberno municipal dende hai xa tempo, suporá unha inversión de algo máis de 11.000 euros. En total actuarse sobre preto de 800 metros.
“Esperamos que esta actuación poida rematarse canto antes para que os veciños, veciñas e usuarios poidan circular por unha via en condicións”, engade o alcalde.
Esta actuación súmase a outras obras que se están a realizar dende o Concello de Silleda para mellorar as infraestruturas viarias no rural. “Neste caso facemos unha mellora integral do tramo, que estaba en moi malas condicións, pero ao longo dos últimos meses foron moitas as actuacións realizadas para o arranxo da rede viaria no termo municipal de Silleda”, engade o alcalde.