Silleda, 6 de abril de 2015. O Concello de Silleda continúa coa mellora de infraestruturas viarias no rural, a través do Plan Marco. Así, logo da actuación na pista entre Chapa e Medelo, que se dotou de aglomerado en quente, hoxe deron comezo as obras no chamado Camiño de Penido.
O tramo, con algo máis de 1,1 kilómetros de lonxitude discorre entre Manduas (dende a estrada a Moalde) ata Chapa, discorrendo polo entorno da capela do San Blas. O vial, que se atopaba en moi mal estado, tamén se dotará ao igual que o que vai a Medelo de aglomerado en quente.
O Plan Marco, para a mellora de camiños de titularidade municipal, inclúe tamén neste proxecto, cunha inversión total de 162.383 euros, a mellora do vial Paradela-Martixe, nesta última localidade silledense. Neste caso o viario será mellorado coa dotación de triple rego.
“Con este proxecto de pavimentacións e reforzo de firmes nos camiños dende o Concello de Silleda seguimos apostando por mellorar e a rede viaria no noso rural”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.