Silleda, 1 de outubro de 2014. As áreas biosaudables e parladoiros proxectados polo Concello de Silleda para o rural están xa instalados en 10 10 parroquias. Esta actuación, con un orzamento de 37.847 euros, ten obxecto por dinamizar o rural do municipio, coa instalación dunha serie de espazos nos que se conxugue a actividade física co descanso e a socialización.
Nesta primeira fase quedaron instaladas as áreas de Cortegada, Laro, Taboada, Ansemil-Martixe, Abades, Dornelas, Cira, Moalde e Rellas. Para o 2015 o proxecto contempla a instalación en outras seis localidades do rural: Siador, Parada, Saídres, Negreiros, Escuadro e Graba.
“Ademais de dinamizar as nosas parroquias, búscase favorecer as relacións interpersoais en zonas con poboación dispersa, ademais de fomentar a práctica de exercicio para os maiores”, indica o alcalde, Manuel Cuíña.
Cada espazo consta de dúas sillas, un banco e cadansúa placa identificativa, ademais de elementos para realizar exercicios biosaudables.
O proxecto foi presentado, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras do Deza, ás axudas do Plan Leader, a fin de contar con subvención para poñer en marcha esta iniciativa, dentro dos programas destinados á diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.