-Na xornada de hoxe completarase o tramo do Camiño do Foxo, ata a rúa República Argentina. Este programa inclueu o arranxo de viais en Cimadevila (Escuadro), en Fiestras, Andamollo, Villaverde-Medelo e Siador.
Silleda, 24 de maio de 2021. As obras do Plan Concellos, ca mellora de 7 viais en distintos puntos do municipio, están prácticamente rematadas. A empresa adxudicataria, Taboada y Ramos, traballou na xornada de hoxe no Camiño de O Foxo, preto de Silleda, onde se actuará en 2 tramos. Esta actuación, cun investimento que supera os 200.000 euros incluiu a dotación de aglomerado en quente, ademais de no Camiño de O Foxo (ata o enlace ca rúa República Arxentina), no lugar de Cimadevila, na parroquia de Escuadro; en O Marco, na parroquia de Siador, e a pista de Maril, en Fiestras. Tamén se arranxou outro vial en O Ribeirao (Negreiros) e outras dúas en Manduas, no tramo de Vilaverde-Medelo e en A Moa.
Tratase de viais que polo seu deterioro xa non admitían posibilidades de bacheo e que precisaban un arranxo máis en profundidade. “Estas actuacións xunto con outras que se levarán a cabo de xeito máis inmediato virán a seguir mellorando as comunicación no rural”, indica o alcalde Manuel Cuiña.
A esta actuación sumaranse nos vindeiros meses outros dous programas, o Plan Concellos de 2021, con máisd e 600.000 euros e o Plan Marco, con outros 90.000.
Así, o investimento previsto no novo Plan Concellos, sitúase en 605.308,53 euros, unha importante cantidade “que suporá a mellora integral dunha serie de viais con gran tránsito e vertebradoras de distintas localidades e servizos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Así, no proxecto figuran un tramo do vial de entronque ca glorieta da PO-211, dende o recinto feiral Semana Verde, -en Silleda- e a mellora do acceso e tamén da explanada do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira. Neste caso trátase dun tramo que se atopa en mal estado e que conecta cunha das circunvalacións arranxadas nos últimos anos, e tamén do acceso ao centro educativo que utilizan a diario as persoas usuarias do centro e o transporte escolar.
Xa na zona rural o plan de mellora viaria inclue actuacións en distintas parroquias. Así, levaranse a cabo obras de mellora en Ponte (no vial que une Espiño e Carderrei e tamén no vial de entronque ca PO-205 que da acceso a varios lugares).
Na parroquia de Vilar arranxarase o vial entre O Barral e Mazarelos e en Carboeiro outros dous tramos: un en Carboeiriño e o que une este último lugar ca parroquia de Ansemil, con case 1 kilómetro de lonxitude.
En Lamela actuarase nun tramo de 1.095 metros dende o acceso da N-525 na Goleta atra o lugar de Vilariño.
Tamén con cargo a este plan de actuación se mellorará a pista central da parroquia de Dornelas, con algo máis de 2, 4 kilómetros de lonxitude.
Nesta zona figura tamén o vial do Curro, na parroquia de Cira, dende o entronque ca EP7017.
Inclúese tamén a reforma integral do vual dende Riocalvo ata Rellas, pasando por Gamil, en Margaride; así coma o tramo de estrada que vai dende a N-640 en Moalde en dirección a Olives, tamén con máis de 1,3 kilómetros de lonxitude.
Completan o proxecto dous viais na parroquia de Taboada:o tramo desde Trasdovalo ata Ponte Taboada e o que vai dende a estrada N-525 ata o lugar de Carballeda.
En todas elas acometerase a mellora do firme cunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente.
Pistas de Cumbraos e Balántiga
Do mesmo xeito, tamén se acometerán, neste caso a través do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2021-2022 (coñecido como Plan Marco), a reforma integral de dous viais na parroquia de Escuadro.
Trátase das pistas de Cumbraos e Balántiga, dous tramos que acusan un notable deterioro e que se atopan nunha zona cunha alta concentración de explotacións agrogandeiras.
O proxecto estima un orzamento para o arranxo destes dous viais de 90.0055,46 euros.
Tendo en conta estas últimas actuacións, o investimento en pistas do rural no que vai de ano sitúase en máis de 914.000 euros, “unha cantidade importante á que se irán sumando novas actuacions en posteriores proxectos”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.