-O alcalde, mantivo hoxe un encontro con Anxo Queiruga, presidente da entidade, e Iván García, director do CDR de Medelo
Silleda, 21 de outubro de 2020. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo hoxe un encontro co presidente de Cogami, Anxo Queiruga, e co director do Centro de Recursos que a entidade ten en Medelo, Iván García.
Durante o encontro, no que abordaron distintas cuestións e temas relacionados ca colaboración entre as dúas entidades, tamén se debatiu sobre a accesibilidade nas rúas e espazos públicos das dúas vilas silledenses.
“Acordamos que Cogami teña acceso a todos os novos proxectos que se vaian planteando e comprometémonos a executar por fases a mellora da accesibilidade”, indica o alcalde.
Deste xeito, as primeiras actuacións acometeránse no entorno da estrada N-525, que a día de hoxe rexistra polas antigüidades dos tramos as maiores deficiencias en canto a accesibilidade para as persoas con discapacidades físicas.
Neste senso Cuiña reitereou o agradecemento do Concello de Silleda a Cogami pola súa participación na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible e polo “completo estudio que realizaron xunto a Working Wheels e que foi presentado a finais de 2018”, engade.
“É un estudo que temos en conta e que quedamos en ir executando de xeito gradual”, indica o rexedor agradecendo o traballo “minucioso que realizaron estes dous colectivos e que sen dúbida algunha redundarán nunha mellora da calidade de vida non só das personas con mobilidade reducida senon de toda a poboación en xeral”
En canto a estas cuestións, dende Cogami felicitaron ao Concello de Silleda pola mellora da accesibilidade no entorno do Centro de Saúde de Silleda e de novas urbanizacións como a da Residencia de Maiores.
O Concello de Silleda vén colaborando en distintas liñas co Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade -Medelo, de Cogami, que atende a 27 persoas usuarias das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.