Silleda, 19 de novembro de 2015. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña xunto con outros rexedores e concelleiros galegos, participou hoxe en Bruxelas nunhas xornadas sobre os diferentes programas de financiamento europeo que poden resultan de interese para a administración local.
O obxectivo do rexedor con esta viaxe ás institucións da Unión Europea é dispoñer das ferramentas necesarias para elaborar programas de desenvolvemento local de carácter europeo que podan ser aplicados durante esta lexislatura no municipio de Silleda.
O amplo programa deseñado para os alcaldes galegos nestes dous últimos días ncluiu diferentes xuntanzas con altos funcionarios da Unión Europea, coa Fundación Galicia-Europa e co Comité das Rexións así como varios encontros co eurodeputado socialista José Blanco que fixo as veces de anfitrión e guía na visita do grupo ás institucións comunitarias.
Manuel Cuiña califica como moi productiva esta visita, na que coñeceu os principais mecanismos de financiamento da Unión Europea para pequenos e medianos concellos “con atención especial aos programas de emprego e de promoción de políticas sociais, centradas sobre todo no colectivo feminino e a mocidade, e as que tamén queremos prestar especial atención en Silleda”, engade.A Unión Europea (UE) ofrece un amplo panorama de fondos de financiamento dirixidos, entre outros, a que os gobernos locais poidan impulsar o seu desenvolvemento social, económico e ambiental. No contexto do novo Marco Financeiro da UE 2014-2020, e tras as eleccións municipais do pasado maio, as institucións europeas consideran relevante impulsar a participación das entidades locais galegas nas iniciativas que se desenvolven a nivel comunitario.
Por medio desta xornada, búscase capacitar aos alcaldes de Galicia sobre os diferentes programas de financiamento europeo que poden resultan de interese para a administración local, para dipor nesta lexislatura das ferramentas necesarias para elaborar programas de desenvolvemento local de carácter europeo.
A expedición, na que tamén participaron entre outros os alcaldes das localidades pontevedresas de Pontecaldelas, Andrés Díaz, e de A Guarda, Antonio Lomba, foi despedida esta tarde polo eurodeputado José Blanco, antes de partir cara a Galicia.