Silleda, 8 de setembro de 2015. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e o concelleiro de Medio Ambiente, Klaus Brey, participaron hoxe no curso de verán da Universidade Pública de Navarra sobre Economía circular e xestión de residuos, na localidade de Alsasua. Logo de asistir a varias conferencias pola mañá, esta tarde visiaron unha planta de trapeiros e outra de reciclaxe.
A viaxe, na que participan 45 persoas, está organizada pola Deputación de Pontevedra,co obxectivo de coñecer diferentes formas de tratamento de residuos.
O curso de verán está organizado pola Universidade Pública de Navarra e a Mancomunidade de Sakana, co debate sobre as oportunidades e beneficios de unha boa xestión de residuos.
Entre as plantas a visitar figuran algunhas comunais e outras como as das localidades de Lapatx e Epele, en Euskadi.