Silleda, 13 de decembro de 2016. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, e e mebros do executivo local, entre eles a concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade, Pili Peón, recibirán pasado mañá xoves no Concello á enfermeira galega María José, directora executiva da Fundaçao Encontro.
Castro está a percorrer estes días distintas localidades galegas para amosar as accións impulsadas a prol da saúde materno-infantil en Mozambique, cun proxecto que cofinancia o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que é membro o municipio silledense dende o pasado verán.
A coruñesa, que desde hai 16 anos reside e traballa no país africano, visitará o consistorio silledense este xoves día 15 ás 17:30 horas.
A directora da Fundaçao Encontro está a difundir entre o público e outras entidades a realidade mozambicana e a utilidade dos proxectos de cooperación para o desenvolvemento cofinanciados polas administracións locais galegas.
O Fondo Galego de Cooperación cofinancia con 25.000 euros o proxecto en Mozambique para que as mulleres embarazadas empreguen os servizos de saúde, antes, durante e despois do parto, superando as barreiras socioculturais no seu país. O proxecto comezou en agosto do pasado ano.