-Trataron o acondicionamento das beirarrúas no entorno do Centro de Día Residencial e o acceso ao Castro de Toiríz
Silleda, 27 de xullo de 2016. Manuel Cuíña, alcalde de Silleda, mantivo na mañá de hoxe unha reunión con Uxío Benítez, deputado de mobilidade da Deputación de Pontevedra, para falar da urbanización do acceso e o entorno do futuro Centro de Día Residencial do municipio.
En vindeiros días encargarase un proxecto para a realización da obra de urbanización dende a rotonda da Semana Verde ata as beirarrúas xa existentes no lugar de Outeiro.
O alcalde agradece tanto a dispoñibilidade do deputado coma a de todo o persoal da Deputación.
Acceso aos Castros de Toiríz
Outro dos temas tratados na xuntanza de esta mañá, foi o arranxo do acceso aos Castros de Toiríz, que se atopa en moi malas condicións.
O deputado comprometeuse en arranxalo en vindeiras semanas, probablemente en setembro, aplicando unha capa de aglomerado, o que facilitará a entrada a este enclave.