Silleda, 13 de xuño de 2013. O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, mantivo unha reunión na mañá de hoxe co Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para falar de varios asuntos de vital importancia para o municipio.
Neste encontro, ao que tamén asistiron o redactor do proxecto do Centro de Día Residencial e a concelleira de Igualdade e Benestar, Pili Peón, tratouse amplamente da posible axuda económica que aportaría a Consellería co fin da construción do centro.
Rey Varela amosou a boa disposición da entidade á colaboración co Concello, e comprometeuse ao estudo das posibilidades de aportación económica por parte da Consellería e á súa comunicación ao rexedor, nun breve período de tempo.