Silleda, 6 de marzo de 2020. O Concello de Silleda a través dos departamentos de Deportes e Turismo pon en marcha un novo programa. Baixo o título “Silleda Camiña” a iniciativa contará cunha dobre vertiente. Así, todos os martes e xoves, en horario de 19:30 a 21:30, coordinaránse dende o departamento de Deportes circuitos urbanos pola vila de Silleda e arredores. Todos os participantes estarán asesorados polo técnico municipal de Deportes, que informará sobre os percorridos e asesorará ás persoas participantes en función da súa idade, condición física…
“Sabemos que hai xente que sae a camiñar a diario e tamén que seguramente haberá xente que non o faga por non ter compañía ou o asesoramento preciso”, indica a concelleira Mónica González indicando que con este programa se busca fomentar habitos de vida saudables e tamén os desprazamentos a pé “nun entorno no que xa temos vías onde priman as persoas por riba dos vehículos”, indica.
A outra parte do programa céntrase na realización de roteiros durante a fin de semana, organizando distintas saídas polo municipio, e establecéndose inicialmente unha caminata mensual.
Silleda Camiña está aberto a veciños e veciñas de todas as idades. As persoas que queiran participar deben de inscribirse a partir da vindeira semana chamando ao teléfono 650 953872. Todas as persoas que participen recibirán material coma un chaleque e contarán con seguro de accidentes.
Para o caso dos roteiros da fin de semana estudiase a posibiidade de establecer un prezo simbólico para cada unha delas (que só terían que abonar as persoas maiores de 13 anos).
Reunión o 24 no pavillón César Fares e promoción dos recursos naturais
Dende o Concello convócase a todas as persoas interesadas no programa a coñecer todos os detalles do mesmo nunha xuntanza prevista para o vindeiro martes día 24 no pavillón de Silleda ás 19:30 horas.
O programa arrancará no mes de abril cas sesións semanas (martes e xoves) e cun primeiro roteiro para o que se establecerá a data na citada xuntanza.
Coa realización dos roteiros, ademais do transfondo deportivo, tamén se busca dar a coñecer á veciñanza os “moitos e fermosos recursos naturais do noso municipio, no que xa contamos con rutas deseñadas que queremos ir ampliando na medida do posible, dinamizando tamén o municipio dende o punto de vista turístico”, engade González.