Silleda, 2 de abril de 2018. O departamento municipal de Obras e Servizos de Silleda iniciou hoxe a colocación de máis colectores amarelos de envases lixeiros. Nesta nova remsesa repartíronse 26 novas unidades por todo o rural, colocando en distintos núcleos de poboación.
Esta iniciativa súmase aos 126 colectores colocados o pasado ano (cunha ratio dun colector por cada 80 habitantes) coa implantación da recollida selectiva no rural, unha das grandes novidades do servizo municipal.
Dende o Concello solicitaránse máis colectores amarelos a Ecoembes para continuar ampliando e mellorando o servizo.
Lémbrase aos veciños e veciñas que nestes colectores deben depositarse envases lixeiros: latas, bricks, envases de plástico, bandexas de forespán…. Este servizo é unha das claves no proceso de reciclaxe tendo en contra ademáis que se estima que o tempo de degradación do aluminio é de 400 anos, o do latón entre 20 e 40 anos e que o plástico tarda uns 500 anos.
A implantación da recollida selectiva no rural de Silleda rematouse o pasado verán.
“Se separamos ben para facer unha reciclaxe axeitada non só estaremos contribuíndo a manter o noso medio ambiente senon que tamén poderemos baixar o custe do servizo entre todos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.