As visitas do Campamento do Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda á Residencia de Maiores da localidade continuaron a semana do 25 de xullo cunha nova quenda.
Durante a visita, os nenos e nenas que participan nas actividades estivais compartiron cas persoas residentes e usuarias do centro de día distintas actividades e xogos, nunha nova xornada para fomentar as relación interxeracionais.
Dende a concelleira de Educación e Benestar a concelleira Ángela Troitiño resalta que esta iniciativa segue a ter moi boa acollida, tanto polas persoas maiores como pola rapazada que compartiu tamén unha pequena merenda ca comunidade da residencia.
Dende o Concello de Silleda agradécese ao centro a súa colaboración e implicación neste tipo de actividades para facilitar as relacións interxeracionais entre a sociedade silledense.