O Alevín A da Escola de Fútbol, campión de liga

 

Silleda, 15 de abril de 2013. O Alevín A da Escola de Fútbol de Silleda é xa, matemáticamente, campión da liga. A falta de dúas xornadas para o remate da competición, a formación da escola silledense alzouse co título o pasado domingo no campo do Outeiriño, logo de gañar con contundencia ao Callobre por 6-0. Con esta victoria, o conxunto silledense sitúase a 9 puntos do segundo clasificado (Cire Melide).

Os integrantes do equipo xa celebraron o domingo no campo silledense o campionato logrado. Os seus compañeiros fixéronlle o paseíllo no campo e houbo moitas mostras de ledicia polo título entre a familia da escola silledense, á que dende a Concellería de Deportes, que dirixe Klaus Brey, se volve a felicitar por este novo título, que da conta do traballo realizado na escola e da excelente canteira futbolística de Silleda.