Silleda, 12 de xuño de 2017. Os alumnos e alumnas de Infantil do CEIP de Silleda fixeron entrega hoxe de alimentos cultivados no seu horto ao departamento de Benestar Social do Concello. Leitugas, repolos, perexil, … e outras hortalizas cultivadas polos cativos destinaranse a implementar os productos frescos do banco de alimentos do programa Silleda Solidaria.
A concelleira de Benestar Social e Educación Pilar Peón, recolleu os alimentos xunto coas asistentas sociais, e agradeceron o traballo realizado polos cativos e as mestras así como a doazón. No horto do patio cultivaron este ano numerosas hortalizas, froitas e mesmo patacas.