Silleda, 23 de maio de 2017. O Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda organiza un ciclo para obter o título oficial de Manipulador/a, aplicador/a de produtos fitosanitarios, válido en todo o territorio nacional. O curso é de 25 horas (nivel básico) e celebrarase en xornadas de sábado pola tarde, os días 24 de xuño e 1, 8, 15 e 22 de xullo, en horario de 16:00 a 21:30 horas, incluíndo tamén as dúas horas de exame. O prezo do curso para obter un título obligatorio para poder manipular produtos como sulfatos, biocidas… é de 50 euros, máis o pagamento de 8,92 euros de taxas para a solicitude do carné.
Levarase a cabo na Casa da Cultura de Silleda. As persoas interesadas poden inscribirse ata o vindeiro 8 de xuño.