Silleda, 29 de agosto de 2016. O Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda continúa cos obradoiros de economía doméstica, que se iniciaron o pasado mes de abril. A sesión será o vindeiro martes día 6 de setembro, ás 16:30 horas na Casa da Cultura. As persoas que queiran asistir poden anotarse dende pasado mañá mércores día 31 ata o luns día 5, nas dependencias do CIM ou chamando ao teléfono 986 592037.Baixo o lema “Aforro de auga e mobilidade sostible dende o fogar”, abordaranse distintas cuestións e consellos de interese.
Iago Paz López, enxeñeiro técnico industrial en electricidade, será o encargado de impartir estas charlas, que entre outros darán consellos sobre como aforrar auga na cociña, no baño, coa colada, ou para o uso de rego na horta e xardín.
En canto á mobilidade, falarase de priorizar o uso do transporte público, vehículos e condición eficientes ou os medios non autorizados.